SanidadeÚltima hora

54 alumnos de enfermería de Chaves farán prácticas en centros sanitarios ourensáns

A Xerencia de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde en Ourense e a Escola Superior de Enfermería de Chaves veñen de asinar un convenio de colaboración
Un dos momentos da sinatura deste convenio entre a EOXI de Ourense e a Escola Superior de Enfermería de Chaves.
Un dos momentos da sinatura deste convenio entre a EOXI de Ourense e a Escola Superior de Enfermería de Chaves.

A partir de agora os alumnos da Escola Superior de Enfermería “Timoteo Montalvao Machado” de Chaves poderán realizar  prácticas en todos os centros hospitalarios e de atención primaria da provincia de Ourense. Isto será posible a través dun acordo de colaboración entre a Xerencia de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde en Ourense e a citada escola.

O convenio asinábase en Ourense na mañá do 13 de abril por parte da responsable da Xerencia, Eloína Núñez, e da presidenta do Consello de Dirección da Escola de Chaves, Cristina Moura. Este documento vén a consolidar a liña de colaboración establecida xa en 2011 entre este centro docente transfronteirizo e o Hospital de Verín e posteriormente co CHUO e o Hospital de O Barco de Valdeorras, “facilitando así a realización de prácticas tamén dos alumnos de 4º curso, que ata agora non podían acceder, completando así a súa formación practica e ampliando os itinerarios docentes a totalidade de unidades de enfermería. Asemade, e como novidade, neste ano 2016 os alumnos tamén poderán incorporarse para facer as súas prácticas a novos Centros de Saúde”, tal e como se informa dende o Sergas.

Dende inicio destes convenios, posibilitouse a formación de alumnos de Escola de Chaves en ámbolos dous hospitais en diferentes períodos dos anos lectivos 2012-2013; 60 alumnos de 1º, 2º e 3º; 2013-2014: 46 alumnos de 2º e 3º; 2014-2015: 35 alumnos de 2º e 3º e neste curso de 2015-2016 haberá un total de 37 alumnos de 3º e 4º curso que farán as súas prácticas nos tres centros hospitalarios (CHUO, Verín e O Barco de Valdeorras) así como outros 17 alumnos en Centros de Saúde de Atención Primaria de Ourense, Verín e a súa comarca, e de Xinzo e O Carballiño, tal e como se adianta dende o Sergas.

Artigos relacionados

Back to top button