DeportesÚltima hora

54 clubs están inscritos no nacional de remo de longa distancia que se celebrará en Castrelo de Miño

A proba celebrarase este sábado 20 de febreiro a partir das 9 da mañá

Avelino Pazos, Asunción Loriente e Manuel Baltar, na presentación do campionato.

 

Un total de 424 deportistas de 54 clubs, están inscritos no campionato de España de remo de longa distancia que se celebrará este sábado 20 de febreiro en augas do parque náutico de Castrelo de Miño.

A proba,era presentado esta mañá nun acto acto que asistían o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, a presidenta da Comisión Xestora da Federación Española de Remo, Asunción Loriente e o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos.

No acto, Baltar agradeceu “a excelente cooperación institucional e deportiva que fai posible que a provincia de Ourense sexa protagonista dun acontecemento de máximo nivel no ámbito do remo en España, e que se celebre nun dos mellores escenarios para a práctica de deportes náuticos como e o parque náutico de Castrelo de Miño”, agradecendo asemade, á presidenta da Comisión Xestora da Federación de Remo “o seu apoio ao que denominamos Termalismo Deportivo, con Laias, Arnoia e Castrelo de Miño como excelentes escaparates e referentes para o deporte náutico”, como tamén o labor que vén desenvolvendo o alcalde e todo o municipio de Castrelo, “para que este campionato sexa un éxito de participación e organización”, expresou o presidente da Deputación.

O campionato que contará coa participación de remeiros de dez federacións autonómicas (Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, Aragón, Cataluña, Comunidade Valenciana, Andalucía e Madrid), dará comezo ás 9 horas e finalizará en torno ás 16 horas.

Artigos relacionados

Back to top button