OurenseÚltima hora

5,5 millóns de cupóns da ONCE coa imaxe de Ourense para o sorteo do 9 de novembro

O cupón reflicte unha moeda de cinco euros co escudo de Ourense por un lado e a Ponte do Milenio polo outro
O cupón da ONCE adicado á cidade de Ourense.
O cupón da ONCE adicado á cidade de Ourense.

A cidade de Ourense repartirá a fortuna do sorteo da ONCE o vindeiro 9 de novembro. En total, serán 5’5 millóns de cupóns, á venda desde hoxe, os que circularán por todo o estado e “co que moitos cidadáns buscarán esa sorte extra ao tempo que colaboran co labor social da ONCE”, en palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

O cupón, que era presentado na mañá do 4 de novembro no Concello de Oruense, pertence á serie “A túa cidade nunha moeda”, e reflicte unha moeda de cinco euros acuñada pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre co escudo de Ourense por un lado, e a Ponte do Milenio polo outro.

Artigos relacionados

Back to top button