ConcellosO BoloÚltima hora

5,5 millóns de cupóns da ONCE promocionarán O Bolo por toda España

O xentilicio boleses, habitantes de O Bolo, será o protagonista do cupón da ONCE do domingo, 19 de decembro

Jesús Sánchez García, director da ONCE e Manuel Corzo Macías, alcalde de O Bolo. /Foto: O Sil.

 

O xentilicio boleses, habitantes de O Bolo, será o protagonista do cupón da ONCE do domingo, 19 de decembro, dentro da serie que a Organización adica a xentilicios curiosos, polo que 5 millóns e medio de cupóns promocionarán en toda España esta localidade valdeorresa.

O cupón, ilustrado cunha fotografía do Castelo  da localidade, era presentado na mañá deste martes 14 de decembro por Jesús Sánchez García, director da ONCE, e Manuel Corzo Macías, alcalde do concello de O Bolo.

 

Presentación do cupón no Castelo de O Bolo. /Foto: O SIL.

 

Na presentación, o director da ONCE asegurou que este cupón é unha homenaxe “ao xentilicio e aos habitantes de O Bolo, os boleses e tamén aos todos os pobos bonitaos de Galicia e ás súas hospitalarias xentes”, animando a todo o mundo a visitar este municipio valdeorrés no que ademais do castelo destaca o Santuario das Ermitas, entre outros atractivos turísticos. Manuel Corzo pola súa banda, agradeceu á ONCE a súa presenza no Bolo. “Grazas por ter este detallazo de vir ata aquí e sobre todo por elixir este concello para dalo a coñecer por toda España”.

Dende a ONCE lembran que o Sueldazo da Fin de Semana ofrece, todos os sábados e domingos, un premio principal ás cinco cifras e serie de 300.000 euros, máis 5.000 euros ao mes durante 20 anos consecutivos a un só cupón. E premios de 2.000 euros ao mes durante 10 anos consecutivos, a outros catro cupóns.

Os cupóns comercialízanse polos máis de 19.000 axentes vendedores da Organización, e tamén se poden adquirir desde www.juegosonce.es, e en establecementos colaboradores autorizados.

Artigos relacionados

Back to top button