DeportesÚltima hora

56 deportistas ourensáns reciben axudas da Deputación

O acto de entrega tiña lugar na tarde do 18 de setembro no Centro Cultural Marcos Valcarcel en Ourense
O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, e o deputado de Deportes, Juan Anta, cos deportistas destacados da provincia.
O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, e o deputado de Deportes, Juan Anta, cos deportistas destacados da provincia.

Ximnasia, ciclocross-btt, atletismo, remo, piragüismo, natación, xadrez, ximnasia, halterofilia, doma clásica, billar, taekwondo, boccia, wu-shu, jiu-jitsu e tiro olímpico. Son as modalidades deportivas que practican os 56 deportistas que veñen de recibir axudas da Deputación de Ourense. O acto de entrega das mesmas tiña lugar na tarde do 18 de setembro no Centro Cultural Marcos Valcarcel de Ourense e nel contábase co vicepresidente da Deputacion, Rosendo Fernández; co deputado de deportes, o veigués Juan Anta; e co director do Servizo de Deportes do Pazo dos Deportes “Paco Paz”, Ángel Cid.

Entre os deportistas asistentes estaban valdeorreses como o padexeiro Jesús Rodríguez León, do Club Fluvial Barco, ou o atleta Carlos Revuelta. Este recoñecemento realízase, segundo se informa dende a Deputación, “por entender que a mellora na formación e rendemento dos deportistas ourensáns, teñen nos técnicos un dos seus piares básicos e fundamentais”.

Nesta edición e, por primeira vez, facíase un recoñecemento público a un técnico deportivo ourensán de disciplinas individuais, que nesta ocasión correspondía á adestradora de ximnasia, María Isaura Hermida Pérez, con case trinta anos exercendo como técnico de ximnasia. “Ademais é a única persoa en España que posúe 5 titulacións das 6 modalidades ximnásticas”, segundo se destaca dende a Deputación.

Artigos relacionados

Back to top button