DeportesÚltima hora

56 equipos no II Torneo Internacional de Semana Santa de Fútbol Sala de Verín

O campionato desenvolverase os días 23, 24 e 25 de marzo con equipos de Galicia, Castela A Mancha e Portugal

II TORNEO INTERNACIONAL SEMANA SANTA VERINFUTSAL

Entre o 23 e o 25 de marzo, celebrarase en Verín a 2ª edición do Torneo de Futbol Sala organizado por VerinFut5al e o Concello de Verín, coa colaboración da Adega Tapias de Mariñan e a Deputación de Ourense.

Tal como adiantan desde o Concello, nesta edición participarán un total de 56 equipos (18 máis que o ano pasado), conformados por un total 700 persoas (entre bogadores e corpo técnico) procedentes de Castela A Mancha, Galicia e Portugal.

O torneo desenvolverase en tres instalacións deportivas de Verín: Pavillón Municipla de Verín, Complexo deportivo a Granxa e en Colexio Maria Imaculada en varias categorías: prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.

Artigos relacionados

Back to top button