EconomíaEconomíaÚltima hora

6.000 pinchos servidos na ruta barquense

Pechábase con éxito de participación o 19 de xaneiro, coincidindo coa fin de semana do Botelo
Momento do sorteo.
Momento do sorteo.

O broche da IV Ruta dos Pinchos do Barco poñíase o 29 de xaneiro cun sorteo. Desenvolvíase do 9 ao 19 de xaneiro, dez días nos que os 14 locais participantes serviron uns 6.000 pinchos nos seus dez días de duración. Dende a organización, en mans do Barco CCA e do Concello, incidiuse na boa resposta do público e tamén o movemento de xente xerado no conxunto do Barco, “que aumentou durante eses días”. Adiantaron ademais a intención de continuar con este evento que xa consideran consolidado.

Facíase ademais públicos os nomes dos ganadores do sorteo de agasallos desta ruta ao que podían optar as persoas que selaran o seu boleto de participación en alomenos cinco locais (un deles tiña que ser ademais por cada unha das tres subrutas do percorrido). Os afortundados son Jose Antonio Morán García (unha cea para dúas persoas en “Tapería Al natural” doada por “D´berna”), Cruz Caamiña (unha cena para dúas persoas en “Pazo do Castro” doada por “Exclusivas Morales”), Cristina Álvarez Merayo (unha cena para dúas persoas en “Casa Galaica” doada por “Distribuciones Anger Valdeorras”), Jose Luis Tamayo Gallego (unha cea para dúas personas en “Fernando III” doada por “Distribuciones Roca”) e Domingo Barrio López (ganador dunha “cesta de productos tradicionales adheridos á marca “Excelencia. Productos tradicionales de Galicia e Norte de Portugal”, aportada por el “Centro de Promoción de Productos Tradicionais del Eixo Interior de O Barco”).

Texto: O Sil/Redacción
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button