CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

6 excelencias académicas poñen o broche ao ano do 50º aniversario do IES Martaguisela

Placa conmemorativa do 50 aniversario do IES Martaguisela. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Da mellor forma posible remata o IES Martaguisela do Barco o ano do 50º aniversario. Con excelentes resultados do alumnado en xeral e especialmente das seis alumnas que destacan pola súa excelencia académica (máis de 9 nas probas xerais da ABAU 2021): Marta Cao Cao, Inés Docampo Gamarra, Belén García Arias, Esther Ramos Molano, Sandra Ramos Molano e María Santos López.

Dende o equipo directivo instituto transmiten os seus parabens “tanto ao profesorado como ao alumnado polo éxito conseguido nun ano tan complicado como o deste curso escolar”.

O acto de recoñecemento ao mellor alumnado de Bacharelato de centros de Ensino Medio de Galicia será o vindeiro xoves, día 24 de xuño, ás 17 horas no Salón Nobre de Fonseca da Universiade de Santiago de Compostela.

Artigos relacionados

Back to top button