OurenseÚltima hora

60.000 euros para a iluminación da pasarela peonil de Oira

A Xunta de Goberno Local aprobou o convenio que permitirá executar as obras financiadas pola Xunta
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e a conselleira de Infraestruturas Ethel  Vázquez, na pasarela peonil de Oira.
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e a conselleira de Infraestruturas Ethel Vázquez, na pasarela peonil de Oira.

A pasarela, que comunica as dúas marxes do rio Miño e dá continuidade ao paseo peonil existente en ámbalas dúas ribeiras, está en servizo desde xullo de 2011, e é transitada diariamente por multitude de persoas que desfrutan dos paseos fluviais e que a utilizan como vía de acceso ao complexo deportivo municipal de Oira. Sen embargo, a falta de iluminación impide que poda ser disfrutada nas condicións axeitadas fora do horario diurno, dados os riscos que supón a carencia de alumeado de balizamento nocturno.

Por iso, e para dar cumprimento tanto á normativa estatal coma á autonómica en materia de accesibilidade de espazos público e de supresión de barrieras, o Concello de Ourense e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, dotarán de iluminación á pasarela. A Xunta de Goberno Local aprobou na xuntanza mantida na mañá do 2 de agosto, o convenio de colaboración que fará posible a execución destas obras, que suporán un investimento de 59.915,22 euros por parte da Xunta.

As obras consistirán basicamente na instalación de proxectores led ao longo da pasarela, de xeito que permitan manter os niveis esixidos de iluminación e ao mesmo tempo, acentuar o seu percorrido curvo e os seus tirantes de aceiro. A iluminación do acceso á pasarela realizarase mediante balizas de aceiro cuxo deseño permite a mimetización no entorno.

Artigos relacionados

Back to top button