OurenseÚltima hora

60.000 euros á adecuación do parque botánico de Montealegre

Medio Rural avanza que as obras comenzarán antes do verán
A conselleira visitou onte a zona, xunto co alcalde de Ourense, entre outros.
A conselleira visitou onte a zona, xunto co alcalde de Ourense, entre outros.

A Consellería de Medio Rural destinará preto de 60.000 euros á adecuación e posta en valor do espazo forestal periurbano de Montealegre, en Ourense. Así o anunciou onte a titular deste departamento, Ángeles Vázquez, que estivo visitando a zona acompañada do alcalde da cidade, Jesús Vázquez, no marco da presesntación das obras.

Prevese que as obras se inicien antes do verán.
Prevese que as obras se inicien antes do verán.

A conselleira prevé que as actuacións comecen antes do verán para ampliar e acondicionar este parque. Dixo que o obxectivo é que a cidadanía poida gozar desta zona, con especial atención á practica de deportes e o lecer. Detallou asimesmo que se trata dun espazo de 146.340 metros cadrados que destaca pola súa “excepcional riqueza natural” e polas súas “peculiaridades antropolóxicas e biolóxicas, que se verán reforzadas pola plantación de especies singulares”.

Tal e como se concretou, as obras incluirán a creación de sendas peonís e a instalación de mobiliario. Tamén se aplicarán tratamentos para eliminar posibles especies invasoras da zona.

Artigos relacionados

Back to top button
Close