CulturaEducaciónÚltima hora

60 alumnos do colexio Divina Pastora do Barco viaxan a Dublín

A viaxe de estudos está enmarcada dentro do programa de inmersión lingüística

InmersionlingüisticaColegioDivinaPastora 10

InmersionlingüisticaColegioDivinaPastora 102

Incrementar a competencia lingüística do seu alumnado en inglés, é un dos obxectivos que perseguen dende o colexio plurilingüe Divina Pastora de O Barco de Valdeorras. Con ese fin e por terceiro ano consecutivo, o centro barquense está desenvolvendo un programa de inmersión lingüística con actividades que, segundo apunta o centro, cada año contan cun maior número de alumnos participantes.

Nesta ocasión, trátase da viaxe de estudos a Dublín (Irlanda) programada para os alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria do 7 ao 15 de abril. Durante os días que dure a viaxe, o grupo formado por un total de sesenta alumnos acompañados por tres profesores do colexio, convivirán con familias seleccionadas, asistirán a clases con profesorado nativo e realizarán excursións de grande interese tanto turístico como cultural.

Fotos: cedidas polo Colexio P. Divina Pastora

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button