CulturaCulturaÚltima hora

650 euros en premios para o X concurso de fotografía Manuel Blanco Pascual que convoca o IEV

A data límite para presentar as fotos (ata un máximo de tres en branco e negro ou cor) é o 3 de febreiro
“Néboa en Outono”, 1º premio do IX concurso de fotografía Blanco Pascual.

O “Patrimonio cultural, material e inmaterial da comarca de Valdeorras” é o tema sobre o que xira o X concurso de fotografía Manuel Blanco Pascual que o IEV convoca para  honrar a memoria do fotógrafo, “gran fornecedor da nosa memoria gráfica, quen inmortalizou a nosa comarca e as súa xentes e costumes nos anos 20 e 30 do século XX”  e tamén para reivindicar a importancia que ten a conservación do patrimonio cultural como herdanza común para a construcción dunha sociedade sostible e culturalmente desenvolvida.

No concurso poderá participar todo aquel que o desexe, sempre que presente fotografías inéditas e que non foran presentadas a ningún outro certame. Ata un máximo de tres, poderán ser en branco e negro ou cor, feitas en calquera técnica, cun tamaño máximo e de 40×50 e mínimo de 20×25. Cada unha levará un título e breve comentario.

O prazo para presentar as fotos remata as 19 horas do 3 de febreiro, sendo a resolución e veredicto do xurado o día 10. A exposición dos traballos será a segunda quincena dese mesmo mes.

E con respecto aos premios, establécense tres: un primeiro premio de 300 euros; un segundo de 200 euros; e un terceiro de 150 euros. Ademais entregarase diploma persoalizado a todos os concursantes.

Os interesados en recibir o texto completo das bases, poderán solicitalo a través do correo electrónico ievaldeorreses@yahoo.es.

Artigos relacionados

Back to top button