OurenseÚltima hora

7.000 alumnos da provincia de Ourense participan na 7ª Semana Escolar da Árbore e da Auga

Entre eles figuran os Ecovixiantes de Franciscanas que traballan co libro "No país das augas"

 

Un total de 7.000 escolares de Primaria de toda a provincia de Ourense, entre os que están os Ecovixiantes de Franciscanas da capital, participarán na 7ª Semana Escolar da Árbore e da Auga, que se desenvolverá entre os días 22 e 26 deste mes de marzo, organizada pola Deputación con motivo dos días mundiais da árbore e da auga que se celebrarán os próximos 21 e 22 de marzo, respectivamente.

Na galería de imaxes poden verse aos Ecovixiantes traballando coa publicación que nesta edición se distribúe entre os centros educativos participantes: o conto titulado No país das augas, de Xosé A. Perozo con ilustracións de Viki Berre. A obra amosa a importancia da auga para a vida e pon de manifesto a riqueza que posúe a provincia en relación a elemento. O argumento xira en torno á investigación sobre o roubo das augas no balneario de Cortegada, historia que levará aos protagonistas ata outros puntos da provincia como o Macizo Central para coñecer o funcionamento do ciclo da auga na natureza.

Para a celebración da 7ª Semana Escolar da Árbore e da Auga deseñouse unha proposta de actividades e traballos recollidos nun programa destinado aos docentes, así como unha guía do profesorado con todas as pautas que precisen para traballar cos libros que recibirá o alumnado.

 

O presidente da Deputación Ourense na presentación da Semana Escolar da Árbore e da Auga”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button