DeportesGalerías de fotosÚltima hora

70 participantes na andaina popular “O Barconamora”, promovida polo CCA O Barco

A proba disputábase na mañá do 16 de febreiro en colaboración co Adas-Proinor e a delegación valdeorresa da FGA

 

As fortes e imprevistas rachas de vento foron as protagonistas da mañá deste domingo 16 de febreiro, na celebración da VIII Carreira e Andaina por Parellas “O Barconamora” que reunía a preto de 150 participantes (sumando as diferentes categorías e modalidades) da proba lúdico-deportiva organizada polo Centro Comercial Aberto O Barcoen colaboración coa delegación valdeorresa da FGA e o club Adas-Proinor, dentro da campaña de San Valentín.

Pasadas as once e media da mañá os primeiros eran os 70 andarines que tomaban a saída no paseo do Malecón barquense para completar un percorrido duns 7,5 quilómetros polo paseo e pola beira do río Sil. De seguido celebrábanse as carreiras nas diferentes categorías, dende a absoluta por parelllas ata a prebenxamín.

Despois entregábanse os trofeos e realizábase o sorte de agasallos cedidos por establecementos asociados ao CCA.

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/jesus-rodriguez-e-ivan-fernandez-imponense-na-carreira-por-parellas-do-barco-marcada-polo-vento/

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button