DeportesGalerías de fotosÚltima hora

700 nenos participan na IX Valdeorras Cup

O Campiño de Viloira acolleu durante case unha semana, o torneo de fútbol 7 organizado polo C.D. Barco

Seis días de competición e un total de 700 cativos de 46 equipos de Valdeorras, O Bierzo e incluso Lugo. Son as cifras da IX Valdeorras Cup, o torneo de fútbol 7 “Vila do Barco” para as categorías inferiores (dende prebenxamín ata xuvenil) organizado polo Centro de Deportes Barco en colaboración co Concello, que se desenvolveu entre o 7 e o 12 de xuño.

Despois dos sucesivos partidos por grupos e categorías, na tarde do 12 de xuño tiñan lugar as finais cuns resultados moi variados. Na categoría prebenxamín os gañadores foron os cativos do Barco 1; en benxamín, os do CD Rúa; en alevín os Templarios Piacere; en infantil os do CD Barco 1; en cadete os membros do equipo Mafia Siciliana; e en xuvenil, os do Viloira CF. Os trofeos eran entregados polo concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso e polo presidente do Centro de Deportes Barco, Daniel Ramos.

Como en cada edición foi moito o público que se achegou ata o campo de Viloira, no Barco de Valdeorras, para disfrutar do fútbol e animar aos xogadores, creando un gran ambiente dentro e fóra do céspede.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button