OurenseÚltima hora

788.000 euros para mellorar o saneamento de San Cristovo (Ribadavia)

Sinatura do convenio de colaboración entre a CHMS e o Concello de Ribadavia.

 

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) emendará as deficiencias de saneamento do núcleo de San Cristovo no municipio ourensán de Ribadavia. Este venres vén de rubricarse o convenio de colaboración entre o presidente do organismo de conca, José Antonio Quiroga, e a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodriguez; para determinar as condicións de financiamento e execución das obras e a súa posterior entrega ao concello.

O obxectivo da actuación recóllese no “Proxecto de renovación de canalizacións na zona de San Cristovo de Ribadavia” e consistirá na execución das obras necesarias para a renovación de servizos (saneamento, pluviais, abastecemento e rede eléctrica, principalmente) e pavimentos no tramo desta rúa situado entre a rúa Campo de Fútbol e a rúa do Muiño, aproximadamente nos PPKK 1+800 e 2+350 da estrada OU-504, nas proximidades de Regodeigón, dunha lonxitude dun 550 m.

O investimento necesario estímase en 788.000 € dos cales 630.400 € serán achegados pola CHMS e os 157.600 € restantes polo Concello de Ribadavia, o que corresponde cunhas porcentaxes de cofinanciamento do 80% e 20% respectivamente.

Artigos relacionados

Back to top button