DeportesÚltima hora

7ª Carreira Popular dos Santiños, no Barco o 9 de novembro

A proba dos maiores comezará a partires das 12h. en Calabagueiros
Participantes na pasada edición da Carreira dos Santiños no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Participantes na pasada edición da Carreira dos Santiños no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

O Barco retoma en novembro a súa cita coas probas populares. E faino coa 7ª Carreira dos Santiños, que se celebrará o 9 de novembro ás 12h. A saída e a meta situaranse nas pistas de atletismo de Calabagueiros. Na proba competirán unha ducia de categorías, pero farano de forma diferente.

Así os atletas xuvenís, junior, absolutos e veteráns (A, B, C e D) deberán completar un percorrido de 7.000 metros (Calabagueiros, Río Mariñán, Barco de Ávila, Paseo do Malecón, Dr. Pérez Lista, Academia Dequidt, Paseo do Malecón, rúa Coruña e Calabagueiros). No caso dos cadetes serán 3.500 m. As inscricións (cun prezo de 8 euros) realizaranse na web http://www.fatletismo.es/valdeorras.

Por outra banda, as categorías base (infantil, alevín, benxamín e prebenxamín), con inscrición gratuíta, correrán na pista ás 13h. en diferentes distancias. A carreira será organizada polo Adas en colaboración coa delegación valdeorresa da FGA e co Concello do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button