DeportesÚltima hora

8 equipos de toda Galicia, no I torneo futsal feminino Val de Quiroga

O FSF Quiroga foi o terceiro clasificado no campionato disputado na fin de semana do 2 e 3 de xullo
Participantes no torneo de fútbol sala feminino de Quiroga.
Participantes no torneo de fútbol sala feminino de Quiroga.

Un total de oito equipos de toda Galicia, con xogadoras de referencia no panorama nacional como Vane Sotelo (membro do Cidade das Burgas F.S.), participaban no I torneo de fútbol sala feminino Val do Quiroga, organizado polo Concello de Quiroga e o FSF Quiroga.

O campionato disputábase na fin de semana do 2 e 3 de xullo resultando gañador o equipo Descansa co que competía Vane, nomeada mellor xogadora do torneo. O segundo premio foi para o Cidade de Lugo FS mentres que as anfitrionas, as rapazas do FSF Quiroga (con xogadoras como Isa ou Carol) recollían o terceiro premio. O equipo Toca e Vaite era cuarto e a mellor porteira, Paula do Cidade de Lugo FS.

O equipo Descansa, gañador do torneo.
O equipo Descansa, gañador do torneo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button