OurenseÚltima hora

80 comercios participan na IV Shopping Night Ourense Centro

O deseñador Roberto Verino será o padriño desta edición que se celebrará o 29 de abril no centro urbano da cidade
Presentación do IV Shopping Night Ourense Centro.
Presentación do IV Shopping Night Ourense Centro.

Roberto Verino, recoñecido deseñador a nivel internacional con raíces en Ourense e comerciante do centro da cidade, será o padriño da IV Shopping Night Ourense Centro que se celebrará o vindeiro 29 de abril en horario de 20 a 24 horas ao longo das principais rúas do centro da cidade, e que este ano reune a 80 comercios “20 máis que o ano pasado, para celebrar unha especial noite de compras”.

Así o aseguraba o presidente do Centro Comercial Aberto Ourense Centro, Luis Rivera, na presentación da programación que tiña lugar na mañá do 22 de abril. No acto, Rivera explicou que a iniciativa xurdía hai catro anos para “dinamizar o comercio local do centro da cidade no epicentro da campaña primavera/ verán, con datas claves para os comerciantes como o Día da Nai”.

Para a ocasión, haberá sorteos, promocións nas tendas, agasallos e degustacións que encherán os comercios e as rúas, especialmente decoradas. Ademais, unha das novidades desta cuarta edición da noite de compras é a implicación do sector hostaleiro que se suma ao resto de sectores, así como o protagonismo do Día Internacional da Danza con exhibicións de distintas disciplinas de baile tradicional, clásico e urbano ademais de actuacións musicais, desfiles itinerantes, desgustacións gastronómicas, pasarrúas e animación.

Artigos relacionados

Back to top button