EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

81 adegas do Ribeiro reciben os certificados do produto conforme á norma UNE-EN-ISO/IEC 17065

 

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro vén de entregar na antiga Cooperativa do Pemento de Arnoia os certificados de produto a 81 das súas adegas, de conformidade coa normativa UNE-EN-ISO/IEC 17065, unha acreditación internacional lograda polo Consello Regulador, cumprindo así as esixencias derivadas da OCM do viño para todas as indicacións de calidade europeas.

A D.O. Ribeiro logrou a “acreditación para a certificación de produtos do sector agroalimentario” a finais do pasado ano e actualmente hai un total de 81 adegas certificadas, é dicir, que superaron un proceso de avaliación rigoroso, conforme ao manual de calidade e prego de condicións do C.R.D.O. Ribeiro.

Este acto contaba coa presenza do alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio, o director da Axencia Galega da Calidade Agroalimentaria (AGACAL), Manuel Rodríguez, a xefa do departamento agroalimentario da Entidad Nacional de Acreditación (ENAC), Elisa Gredilla e o presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan M. Casares.

Esta entrega, sinalaba o presidente da D.O. Ribeiro, “culminamos un proceso iniciado hai uns anos co desenvolvemento e implantación do manual de calidade e prego de condicións, feito que fixo que recibíramos da ENAC a acreditación segundo os criterios recollidos na norma UNE-17065 para a certificación dos viños amparados pola D.O. Ribeiro”. Juan Casares confía en que este logro “coloque ao Ribeiro no camiño da excelencia e sirva coma revulsivo nun mercado global cada día máis esixente e competitivo”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close