EconomíaEconomíaÚltima hora

Unha pulpeira do Carballiño calará o rexoubeo no próximo anuncio de Pescanova

Pescanova vén de facer o “I Estudo sobre o rexoubeo en España” no que se reflicte que o 87% dos españois considera que nos gusta “moito ou bastante” rexoubar
O grupo vigués sacará pulpo envasado cocido no seu propio mollo.

Segundo apunta o “I Estudo sobre o rexoubeo en España”, realizado polo Grupo Nueva Pescanova, o 87% dos españois cre que aos españois gústanos, moito ou bastante, rexoubar pero, só un de cada cinco considérase rexoubeiro.

Resultados do estudo sobre o rexoubeo en España. // Fonte: Nova Pescanova.

Este estudo realizouno o grupo vigués xa que está a lanzar unha nova campaña na que o rexoubeo é o seu eixo central. Esta campaña servirá para o lanzamento do pulpo cocido no seu propio mollo, e vaino facer dun xeito divertido, tendo como principal protagonista a unha pulpeira, que pedirá, a través de distintos anuncios emitidos en redes sociais a partir de hoxe, 3 de xullo, que a xente deixe de rexoubar con xenreira. E como escenario para rodar esta campaña escolleron ao Carballiño, “unha vila que ten a fama de seres o lugar do mundo onde mellor cocen o puplo”, aseguran dende a compañía viguesa, e onde se creou a receita do pulpo á feira. De feito, a pulpeira empregará a seguinte frase para facer calar aos rexoubeiros: “No Carballiño cócese o mellor pulpo do mundo, e punto”. E tamén incluirán o cancelo #MenosCotilleoMásPulpo.

Segundo apuntan dende o Grupo Nova Pescanova, esta nova campaña de “Algo cócese no Carballiño” pretende “calar as rexoubas que non son sas que circulan polos pobos, as cidades, a televisión, a prensa ou as redes sociais a través da figura da pulpeira, que encarna unha tradición que se foi transmitindo de pais a fillos durante máis de 100 anos, ademais da seriedade que conleva a arte de conseguir a cocción perfecta do pulpo”.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button