DeportesÚltima hora

8ª Concentración de Vespas Lambrettas e motos clásicas, esta fin de semana en Verín

Realizaranse paseos turísticos polos balnearios e os lugares de maior interese turístico da zona
Presentación da concentración de Vespas no Concello de Verín.

Verín acolle esta fin de semana a 8ª concentración de Vespas Lambrettas e motos clásicas de Verín, que organiza o Club Vespa Verín en colaboración co Concello.

Durante o transcurso desta edición que se celebrará o 7 e 8 de xullo, realizaranse paseos turísticos polos balnearios e os lugares de maior interese turístico da zona. Os participantes terán dereito a pincho e consumición nas paradas programadas no itinerario dos paseos. Ademais, o sábado terán cea na praza da Merced acompañada da música da Charanga Solana e o domingo comida no restaurante Brasil, con sorteo de regalos e entrega de trofeos aos clubs asistentes.

Tal como explican dende o Concello, esta edición destaca por ser a primeira na que o Club Vespa Verín, organizador do evento, forma parte do Vespa Club de España, feito que revaloriza a labor desta Asociación e que significa un reclamo turístico para Verín. Os organizadores destacan que “cada ano son máis os afeccionados ás Vespas e ás motos clásicas de todo o mundo que optan por facer un Camiño de Santiago alternativo, viaxando nas súas motos e facendo coincidir as súas paradas naquelas zonas do mapa onde o Vespa Club España ten algunha representación que lles poida servir de punto de información turística”.

 

Cartel da concentración.

Artigos relacionados

Back to top button