EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

91 viños da D.O. Monterrei, galardoados na “Guía de Vinos de Galicia 2022”

A presidenta da D.O. Monterrei, con Luis Paadín, un dos autores da guía./ Foto cedida.

 

A “Guía de Viños, Adegas e Destilados de Galicia 2022” presentábase esta mañá na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, nun acto no que participaban a presidenta do Consello, Lara Da Silva, e un dos autores da
guía, Luís Paadín. Nesta publicación aparecen referenciadas as 27 adegas de Monterrei. Ademais, nesta ocasión, un total de 91 viños obtiveron medalla, dos cales 13 foron Gran Ouro, 15 Ouro +, 45 Ouro e 18 Prata.

Para a realización desta guía (da que é tamén coautor Alejandro Paadín), catáronse máis de 1.500 viños e destilados (pertencentes á totalidade das adegas e destilerías amparadas nas DO’ s e IXP’ s galegas). A guía tamén inclúe histórico de medallas, mapas climáticos e pluviométricos dos últimos 4 anos en cada denominación, mapas litolóxicos e de relevo, orixe da uva en base a tres niveles (Zona/Rexión – Concello / Parroquia – Parcela). Así como, buscador de viños por R.E. N. (Número de Rexistro Embotellador e Envasador) cos nomes das adegas embotelladoras, árbore xenealóxica dalgunhas das principais variedades ancestrais de Galicia; así como, harmonías de viños galegos con pratos rexionais de toda España.

Artigos relacionados

Back to top button