DeportesÚltima hora

92 participantes daranse cita esta fin de semana no 52 Rallye de Ourense

O shakedown (tramo de test) celebrarase mañá pola mañá en Castro de Beiro con 44 inscritos 

Público seguindo a pasada edición do Rallye de Ourense. /Foto: Carlos G. Hervella.

Despois dun ano esperando, por fin chegou a data. Cun total de 563,91 quilómetros dos cales 176,62 son cronometrados en dez tramos; 4 seccións; e 2 etapas, a 52 edición do Rallye de Ourense-Ourense Termal, arranca mañá, venres 7 de xuño. A cuarta carreira do campionato de España de Rallyes de Asfalto, que este ano puntúa tamén para o súper campionato de España de rallyes tense convertido na proba automobilística de referencia na provincia de Ourense e este ano regresa ao Carballiño na segunda e última etapa do sábado.

Da man da Escudería Ourense, galardoada pola RFEDA na edición do ano 2018 a proba mantén o esquema e as datas de pasadas edicións, co parque de asistencia en Expourense (onde se ubica ademais a oficina temporal do rallye) mentres que o tramo de test (Shakedown) do venres pola mañá, que será tamén o tramo de calificación para que os pilotos prioritarios poidan elixir a orde de saída (TCC), celebrarase de novo en Castro de Beiro cunha distancia de 4,4 km.

O tramo, no que participarán 44 vehículos, comezará á 9h. para os dez equipos prioritarios, que terán preferencia ata as 9:30h. para efectuar un máximo de dúas pasadas e incluso poderán continuar ata as 11, tal como avanzan dende a organización. Despois levarase a cabo o Tramo de Calificación (11:15 a 11:45 horas) cos citados dez pilotos prioritarios, que farán unha pasada cronometrada coa que se elaborará unha clasificación da especial. O máis rápido poderá elixir a súa posición de saída de cara á primeira etapa do venres mentres que o segundo e así sucesivamente ata o décimo, deberán deberán facer o mesmo, polo que o orde probablemente non coincidirá co establecido na lista oficial de inscritos. A elección do mismo farase ás 13horas en Expourense.

 

Iván Ares no 51 Rallye de Ourense. /Foto: Carlos G. Hervella.

O parque pechado do rallye sitúase por terceiro ano consecutivo no Xardín do Posío onde se celebrará a cerimonia de saída na que participarán os vehículos chegados dende diferentes partes de España. Será a partires das catro da tarde cando comece a carreira propiamente dita, completándose os dous tramos que compoñen a primera xornada (7 de xuño) a dobre pasada: Esgos (15,28 km) e Canón do Sil (22,20 km), que manteñen o mesmo percorrido da edición anterior. O sábado  (8 de xuño) disputarase a segunda e última etapa que contará con tres tramos máis: Vilar de Condes (13,45 km), Beresmo (11,33 km); e o selectivo do Carballiño (26,05 km). O final do rallye está previsto para as seis e media da tarde no mesmo punto de partida: o Xardín do Posío. Alí procederase á entrega de premios aos tres primeiros clasificados da xeral scratch, así como das diferentes categorías, ademais de tres premios especiais: o “Eduardo Barreiros” á primeira Marca clasificada; o “Estanislao Reverter” ao primeiro clasificado con vehículo Grupo H; e o “José Luis Outeiriño” ao primer ourensán clasificado.

Con respecto ao número de pilotos que competirán nesta ocasión polas estradas da provincia ourensá, son 92 os inscritos entre os que hai, como cada ano, moitos locais que non queren perder a ocasión de correr diante da afección e en moitos casos da familia. Un deles é o alaricano Javier Pardo, membro do equipo Suzuki que correrá xunto a Adrián Pérez para demostrar unha vez máis que poden chegar ao podio. Tampouco faltarán dous clásicos da proba: José Manuel Rodríguez “Chisco” que correrá con outro Suzuki con Iago López como copiloto; e Juan Carlos Villanueva “Marabú” que compartirá o Ford Sierra con Juan Ricardo Costoya. E entre os coches de primeira liña, non faltará á cita o coruñés Iván Ares que o ano pasado subía ao segundo caixón do podio por detrás do líder Miguel Fuster e por diante de Joan Vinyes que este ano tamén participa acompañado por Jordi Mercader. Entre os inscritos están tamén Pepe López, Xevi Pons e Pernía.

Máis información e fotos na seguinte ligazón: https://osil.info/o-rallye-de-ourense-quenta-motores/

Artigos relacionados

Back to top button