CulturaCulturaÚltima hora

9º Encontro á luz da lúa, en Cadeiras (Sober)

Esta iniciativa lúdica e cultural, promovida pola asociación O Colado do Vento, terá lugar o 1 de agosto
Cartaz deste encontro que se celebrará o 1 de agosto en Cadeiras (Sober), aproveitando o plenilunio.
Cartaz deste encontro que se celebrará o 1 de agosto en Cadeiras (Sober), aproveitando o plenilunio.

Compartir contos, cantos, saberes, poemas, pensamentos… á luz da lúa nunha noite de verán. É a proposta que lanza por noveno ano consecutivo a Asociación O Colado do Vento no marco do seu “Encontro á luz da lúa”, que desta volta terá lugar o 1 de agosto en Cadeiras (Sober) a partires das 22:30h.

Como limiar da reunión haberá “uns pinchiños de rosca con queixo e viño e licores de Sober”, segundo adiantan dende a organización. Despois, no entorno do miradoiro e santuario desenvolveranse unha serie de actuacións, así como as intervencións das persoas participantes a partir das 23:15 aproximadamente.

“Este ano contamos coa presenza dos grupos de Sober The Carallos e O Trícole, e cunha violonchelista, Paula. Ademais, as persoas participantes poden aportar poemas, cancións, contos, reflexións… “, comenta Paula Vázquez Verao, presidenta desta entidade cultural soberina.

Artigos relacionados

Back to top button