En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Misa, música e roscas “casamenteiras” para celebrar a festa de San Antón en Fontei (A Rúa)

A charanga Nova Terras de Trives foi a encargada de amenizar a mañá deste 13 de xuño cun pasarrúas pola vila

 

Non houbo procesión xa que as medidas sanitarias aínda non o permiten. Tampouco houbo cea popular nin baile na praza, pero a celebración do San Antón na parroquia ruesa de Fontei, tiña lugar na mañá deste domingo 13 de xuño con gran celeridade e devoción.

Unha tirada de bombas de palenque en torno ás 11 da mañá anunciaba o día de festa na Rúa e, de seguido, comezaba xa a escoitarse a música da charanga Nova Terras de Trives que, despois de case un ano sen tocar, achegábase ata a Rúa para facer un pasarrúas pola localidade, animando así o Día de San Antón.

 

As rocas “casamenteiras” de San Antón.

 

E xa ás 13horas, os devotos enchían (mantendo o aforo do 75%) a igrexa parroquial de Fontei para asistir á eucaristía na honra ao chamado “santo do mundo”. Unha celebración litúrxica á que non faltaban as tradicionais roscas “casamenteiras”, levadas por un grupo de mozas para ser vendecidas e posteriormente vendidas na praza. De feito, segundo a tradición todos os solteiros que queren deixar de selo tiñan que encomendarse ao santo e comer os doces para conseguir parella para a celebración do seguinte ano.

Á saída da misa, a charanga esperaba aos fegreses para animar a sesión vermú, aínda que este ano non estaba o bar da comisión de festas.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button