OurenseÚltima hora

A 10ª Andaina de Armariz (Nogueira de Ramuín) será en beneficio da DCA Ourense Renacer

A proba celebrarase mañá, sábado 4 de agosto, a partires das 9:30h.
Cartel da andaina.

Un percorrido de 12 quilómetros é o que ofrece a 10ª Andaina de Armariz, no concello de Nogueira de Ramuín, que se celebrará mañá, sábado 4 de agosto, con saída ás 9:30h. dende o Souto de San Ramón.

Ademais da deportiva e lúdica, a proba ten este ano unha vertente benéfica xa que dos 5 euros que custa a inscrición, 2,5 serán doados á Asociación de Dano Cerebral Adquirido (DCA) de Ourense, Renacer.

A andaina está organizada pola Asociación de Veciños San Ramón e haberá aparcamento gratuíto, auga, froita, bocadillo e sorteo de agasallos.

Artigos relacionados

Back to top button