OurenseÚltima hora

A 10ª edición de Funergal contará con 111 expositores de 14 países, en Expourense

A Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios celebrarase os días 9 e 10 de novembro

A 10ª edición da Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios, Funergal, convoca esta fin de semana en Expourense a 111 expositores entre os que destacan “as principais empresas e asociacións de profesionais do sector que presentarán as últimas novidades e tendencias”, eseguran dende a feira que se celebrará os días 9 e 10 de novembro, co obxectivo de “fomentar o negocio e a competitividade das empresas”, coa participación de empresas, importadores e visitantes profesionais de 14 países (Alemaña, Brasil, China, Colombia, España, Estados Unidos, Francia, Guatemala, Holanda, Italia, México, Pakistán, Polonia e Portugal).

Ademais de fomentar o negocio, outro dos obxectivos de Funergal é a actualización dos profesionais do sector a través dun completo programa de xornadas técnicas que abordarán temas como a Certificación Profesional Cualificada. Unha das novidades desta edición será o curso pre-feria que se impartirá hoxe. Trátase dun seminario de formación específica en tratamento cadavérico e embalsamamento con produtos biocidas dirixida aos funerarios e impartida polo tanatopractor Manuel Martín. As xornadas abordarán outros aspectos formativos como comunicación profesional e as técnicas para acertar ao calar, falar e xesticular dirixidas aos profesionais funerarios á hora de relacionarse coas familias que están atravesando un momento difícil.

Funergal acollerá ademais a presentación en exclusiva de distintos produtos e servizos funerarios, a gran maioría orientados á organización de funerais ecolóxicos e respectuosos co Medio Ambiente e que inclúen todo o proceso: dende a selección dun ataúde de materiais como o corcho ou a rafia natural, ata a elección e urnas hidrosolubles o de materiais naturais como o oso de aceituna ou esparto; ata a reciclaxe das pezas metálicas que non desaparecen durante a cremación.

Artigos relacionados

Back to top button