En portadaÚltima hora

A 14 Andaina & Trail de Outono-O Barco reúne a 200 persoas

O barquense Jesús Rodríguez dominaba no trail longo, mentres o mellor resultado do curto lográbao André González

 

A vila do Castro (O Barco) convertíase na mañá do 27 de outubro en punto de saída e meta da 14ª Andaina & Trail de Outono-O Barco. Esta cita deportiva, que promove o Club Peña Trevinca coa colaboración do Concello, reunía a unhas 200 persoas nas tres modalidades:  un trail longo de 19 km, un trail curto de 13,5 km e unha andaina de 13,5 km.

No trail longo impoñíase claramente o valdeorrés Jesús Rodríguez León (Fluvial Barco) completando o circuíto nun tempo de 2:55:24. Ganaba ademais a cronopetada cun crono de 22 minutos e 25 segundos en 2,2 km. Despois del entraba en meta Javier Álvarez (3:02:01) e José Antonio Voces (3:06:34), ambos independentes. Na categoría feminina a vitoria correspondíalle a Francisca Martínez, o segundo posto a Mónica Rodríguez (Club M. Formiguei Quiroga) e o terceiro a Paula Fernández.

 

 

No caso do trail curto, o mellor resultado conseguíao André González cun tempo de 2:12:03, sendo a segunda posición para Martín Pardo e a terceira para José Antonio Orozco (A Gándara Monforte). No que respecta á categoría feminina, impoñíase Patricia Mojeda, seguida de Natalia Marcela e de Greis de Rocha (Andamos a Tercio).

O trazado do trail longo ía ata as Penas Marías e logo baixaba ata o barrio de Vilarrica, camiño despois de Portela (Vilamartín) ata finalizar no Castro. O trail curto e a andaina compartían percorrido pasando por Xagoaza, cruzando o Mariñán e volvendo ao Castro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button