OurenseÚltima hora

A 16ª edición da Mostra de Teatro Infantil de Ourense arranca esta tarde na Sala Valente

A programación desenvolverase do 26 ao 30 de decembro no Teatro Principal, Auditorio, Campus e rúas da cidade

 

Hoxe, sábado 21, ás 18:30h. comeza a 16ª edición da Mostra de Teatro Infantil de Ourense (MOTI) cunha acción teatral que terá lugar na Sala Valente da Rúa do Paseo.

Músicos e actores farán un espectáculo que non desfilará cara ao casco vello debido á previsión de chuvia pero que se adaptará á rúa do Paseo e á Sala Valente: Trécola Teatro con SssssuperMoti.

A programación da Mostra, que colabora con UNICEF (recadación das entradas do Campus) e con Amencer (recollida en todas as funcións de xoguetes e alimentos para a Operación Quilo), desenvolverase do 26 ao 30 de decembro no Teatro Principal, Auditorio, Campus e rúas da cidade.

Máis información en motiourense.blogspot.com

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close