En portadaÚltima hora

A 1ª BTT da Ruta do Viño de Valdeorras, unha proba entre viñedos para desfrutar

Os primeiros participantes deste evento non competitivo cruzaban a meta arredor das 13h.

 

Rozando ás 13h. deste domingo 24 de outubro cruzaban a liña de meta, no campo da festa do Barco, os dous primeiros participantes da 1ª BTT Ruta da Viño do Valdeorras, cuns 150 ciclistas. En preto de tres horas e media completaba o percorrido de 61,7 km (cun desnivel positivo↑ de 1.553 m, sendo a altitude máxima 601 m e a altitude mínima 302 m) desta proba cun carácter non competitivo que vén de organizar a Ruta do Viño de Valdeorras xunto a Xanzá Ecoturismo.

Ao longo do percorrido, no que se contaba coa colaboración de Protección Civil, situábanse tres avituallamentos líquidos e sólidos (nas adegas Godeval de Xagoaza e Alán de Val da Rúa, así como no Aguillón rues) con auga e empanada de maravallas, así como con godello das adegas asociadas á Ruta do Viño de Valdeorras. Ademais, á súa chegada á meta, os ciclistas tamén podían recuperar forzas tomando tamén empanada, auga e godello valdeorrés.

 

 

 

Dende a organización desta 1ª BTT Ruta do Viño de Valdeorras faise un balance moi positivo desta primeira edición, que contaba con ciclistas chegados de diferentes puntos da xeografía galega (A Coruña, Santiago, Pontevedra e Ourense, ademais da propia comarca de Valdeorras), así como doutras comunidades autónomas como Asturias e Castela e León. Cada un dos participantes recibía unha “mochila do corredor” cunha botella de godello, unha camiseta e material promocional da ruta, así como de diferentes zonas da comarca como o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra).

Esta iniciativa aposta por dar a coñecer a paisaxe natural valdeorresa e os seus valore enoturísticos apostando, ao mesmo tempo, polo deporte.

Fotos: Mónica G. Bellver/ A.R.

Máis información e fotos en:

Arranca a 1ª BTT Ruta do Viño de Valdeorras cuns 150 participantes

 

Artigos relacionados

Back to top button