EconomíaEconomíaÚltima hora

A 1ª Feira do Agro da Limia, ALIMAGRO 2019, abre as portas na praza Carlos Casares

Unha vintena de expositores forman parte da mostra ata o 22 de novembro

 

Dende hoxe, 19 de novembro, e ata o venres 22, a praza Carlos Casares de Xinzo de Limia acolle a primeira edición da Feira do Agro da Limia, ALIMAGRO 2019, que conta con 23 expoistores e un programa de activiades complementarias, dende charlas e coloquios ata degustacións, showcooking e actuacións musicais.

A inauguración tiña lugar esta mañá coa alcaldeda de Xinzo, Elvira Lama, como anfitrioa. Despois de saudar a todos os asitentes, entre eles varios alcaldes da comarca, Lama asegurou que a feira “nace con vocación de futuro, con vocación de crecemento e sobre todo con vocación de permanencia. Este equipo de goberno aposta decididamente polo piar fundamental desta comarca, agricultura e gandería, e tamén por suposto co sector comercializador e de servizos”.

 

Programa da 1ª Feira do Agro da Limia.

 

A continuación tomou a palabra Amador Díaz, moi emocionado, segundo el afirmaba “pola súa dobre faceta, de concelleiro de Medio Rural e como agricultor dunha comarca que sen dúbida e a máis importante de Galicia no sector agrogandeiro”. Manuel P. Campos concelleiro de Promoción Económica pola súa banda, insistiu nas declaracións dos seus antecesores en que “esta feira non foi un quentamento, se non que nace con vocación de futuro”.

No acto, anunciouse a campaña que se está a facer durante estas dúas semanas entre a hostalaría na que se ofertarán unha serie de pinchos elaborados con patacas.

Artigos relacionados

Back to top button