OurenseÚltima hora

A 23ª edición do OUFF celebrarase do 29 de novembro ao 5 de decembro

O evento audiovisual contará con Miguel Anxo Fernández como coordinador artístico e con Aurelio Gómez Villar como coordinador técnico
Miguel Anxo Fernández, Manuel Baltar e Carmen Leyte presentando o novo logotipo do OUFF.

Despois de meses en vilo, a Deputación de Ourense facíase cargo da organización da 23ª edición do Festival de Cine de Ourense (OUFF) e na mañá do 16 de outubro daba un paso máis, coa sinatura dun protocolo de colaboración coa Fundación Carlos Velo.

O evento audiovisual, referente na provincia, e terá a Miguel Anxo Fernández, vicepresidente da Fundación, como coordinador artístico, e ao asesor de Cultura da Deputación de Ourense, Aurelio Gómez Villar, como coordinador técnico.

Esta nova edición do Festival de Ourense que se celebrará do 29 de novembro ao 5 de decembro,  comeza a súa andaina da man da Deputación de Ourense, é froito da cooperación entre a institución provincial, o Concello de Ourense –que cede a marca do certame- e a Xunta de Galicia –que colabora economicamente-, destacou o presidente do goberno provincial, adiantando que o equipo humano que integra a edición deste ano está formado por: Miguel Anxo Fernández, coordinador artístico; Aurelio Gómez Villar, coordinador técnico; Xosé Manuel Rodríguez, xornalista e durante anos xerente das Xociviga do Carballiño; Xosé Enrique Acuña, documentalista fotográfico; Antonio Piñeiro, xornalista e vinculado ao CeMAC; Chema Paz Gago, catedrático de Comunicación Audiovisual da UDC, e Laura Gardós Velo, presidenta honoraria da Fundación Carlos Velo, cineasta e guionista. Asemade, participan César Silva, xornalista vinculado historicamente ao Festival; Eduardo Galán, crítico cinematográfico; Paulino Pérez, profesor de Comunicación Audiovisual na Uvigo e coordinador do CeMAC; Miguel Grandío, graduado en Comunicación Audiovisual e coordinador do certame de curtas; Aldara Pagán, graduada en Comunicación Audiovisual; Suso Obenza, deseñador gráfico e autor do cartel e da imaxe gráfica do Festival, e por parte do “OUFF Escola”, Ani Cacabelos.

No acto de sinatura no que participaron o presidente da Deputación Manuel Balatar e a presidenta da Fundación Carlos Velo, Carmen Leyte, presentouse tamén o logotipo do Festival, cuxas bases da sección oficial e do concurso de curtas (que se exhibirán no centro cultural Marcos Valcárcel, no Teatro Principal, no Auditorio de Ourense, no Liceo e na sala do Cineclube Padre Feijoo) será aprobado este venres pola Xunta de Goberno da Deputación.

O protocolo asinado hoxe recolle que “a institución provincial asumirá con cargo aos seus orzamentos os gastos de organización, e adscribirá, nas datas, horario e para as funcións que se determinen no seu momento, persoal propio, para a realización de tarefas necesarias para a organización do OUFF 2018, ademais de pór a disposición do Festival os espazos da súa titularidade: Teatro Principal e centro cultural, nas datas e horario que se determinen”. Pola súa banda, a fundación asume a dirección, coordinación e execución da parte artística do festival de cine, incluídas as actividades culturais complementarias; a selección e visionado das películas, tanto as da sección oficial, como as dos ciclos paralelos; e a organización e gastos da exposición “O retrato maior do noso cine”, de Xulio Gil, dentro das actividades complementarias do Festival.

 

Artigos relacionados

Back to top button