CulturaCulturaÚltima hora

A 36 edición da MIT de Ribadavia desenvólvese con éxito

A famosa Mostra Internacional de Teatro chega á metade da súa programación

Imaxe de “Rebota, Rebota y en tu Cara Explota” de Agnés Mateus e Quim Tarrida. / Foto: MIT de Ribadavia.

 

A día 21 de xullo, a trixésimo sexta edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) chega ao seu ecuador. Dende a organización destacan que a ocupación é do 100% e valoran o contundente resplado do público nun contexto de “incerteza” debido á pandemia do coronavirus. Tamén subliñan que está sendo unha edición de “redescubrimento a nivel turístico, pola expansión e apertura dos espazos de exhibición”

Dende a MIT, indican que houbo unha boa acollida a todos os espectáculos, ao estreo de Teatro en Vilo e á visibilización dos creadores, con nomes tan destacados como a galardoada co Premio de Honra da MIT, Marta Pazos; Agnés Mateus e Quim Tarrida por “Rebota, Rebota y en tu Cara Explota” ou Noemí Rodríguez e Andrea Jiménez por “Teatro en Vilo”, entre outros.

Nos próximos días, antes da fin de semana, os asistentes gozarán dunha programación centrada na creación contemporánea con obras como “Tierras del Sud” de Akzona&Toloza; unha peza de carácter documental con importante carga poética que trata a cuestión do colonialismo en latinoamerica e as grandes fortunas que surxiron despois. A mostra rematará a edición deste ano o vindeiro luns, 27 de xullo.

Máis información: https://mitribadavia.gal/.

Artigos relacionados

Back to top button