OurenseÚltima hora

A 42 edición da carreira pedestre popular San Martiño de Ourense, quenta motores

A proba atlética tera lugar o 18 de novembro e incluirá, por primeira vez, a categoría inclusiva
Alejandro Fernández e Alejo Ares na anterior edición da carreira polas rúas de Ourense. /Foto: Carlos G. Hervella.

Xa está aberto o prazo de inscrición para todas as categorías da carreira pedestre popular San Martiño 2018 que terá lugar o 18 de novembro. Bota así a andar a mítica proba ourensá que chega á súa edición número 42 tomando a saída na súa categoría absoluta ás 11 horas na Ponte do Milenio para percorrer unha ruta pola cidade de 10 quilómetros que rematará no pavillón dos Remedios. A carreira, organizada polo Consello Municipal de Deportes, está no calendario oficial de probas en ruta da Federación Galega de Atletismo.

As persoas interesadas en participar teñen de prazo ata o 11 de novembro. O prezo será 5 euros para quen o faga antes do día 28 de outubro e 7 euros para quen o faga desde o día 29 de outubro ao 11 de novembro. As inscricións pódense realizar a través da páxina web do Consello Municipal de Deportes www.deportesourense.com e a web www.championchipnorte.com. O prazo de inscrición para optar á recollida anticipada de dorsal-chip e camiseta é ata o 3 de novembro de 2018.

Como principal novidade desta edición está a incorporación da Carreira Inclusiva, cunha distancia de 1.400 metros, para nenos e nenas de categoría benxamín (que naceran nos anos 2012 e posteriores), e persoas con diversidade funcional, que poderán estar acompañadas doutra persoa responsable. Completan a proba as categorías de escolares (que naceran entre 2007 e 2002, percorrendo 4,7 km) e cativos (entre 2008 e 2011), que percorrerán 1,4 km)

 

Artigos relacionados

Back to top button