EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A 52 Feira do Viño do Ribeiro, do 1 ao 3 de maio en Ribadavia

A organización do certame vén de convocar o concurso de cartaces cun premio de 1.500 euros
Vista da pasada edición da Feira do Viño do Ribeiro en Ribadavia./ Foto: Carlos G. Hervella.
Vista da pasada edición da Feira do Viño do Ribeiro en Ribadavia./ Foto: Carlos G. Hervella.

O Consello Regulador e o Concello de Ribadavia xa están mergullados na organización da 52ª Feira do Viño do Ribeiro, que se celebrará do 1 ao 3 de maio en Ribadavia. Como primeira actividade desta edición, vén de convocarse o Concurso de Carteis que ilustrará neste ano esta cita, declarada de interese turístico.

A convocatoria do concurso está dirixida a creativos e artistas de calquera nacionalidade, que deberán presentar obras inéditas orientadas á exaltación do viño do Ribeiro. O prazo para presentar os orixinais (en formato dixital) concluirá o vindeiro 23 de febreiro, estando previsto o fallo do xurado e presentación da obra gañadora para o día 26 de febreiro.

Concederase un único premio de 1.500 euros ao cartaz gañador que outorgará un xurado composto por profesionais do mundo da arte e do deseño, estando ademais representados os organizadores (o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro e o Concello de Ribadavia).

As obras seleccionadas nunha primeira rolda polo xurado formarán parte dunha mostra que se inaugurará en Ribadavia coincidindo coas datas de celebración da feira. As bases completas do concurso poden ser consultadas na web www.ribeiro.es.

Imaxe promocional da D.O. Ribeiro.
Imaxe promocional da D.O. Ribeiro.

Artigos relacionados

Back to top button