Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A 56 Festa do Pulpo do Carballiño celebrarase o 12 de agosto cunha vintena de actividades previas

O concerto de Mikel Erentxun previsto para o día 10, é un dos pratos fortes do programa

O Carballiño estase xa preparando para a gran cita do ano: a Festa do Pulpo que este ano chega á 56 edición cuha amplo abano de actividades previstas para a primeira quincena no mes de agosto.

Para ir quentando motores, na mañça do 16 de xullo tiña lugar a presentación no salón de plenos do Concello coa asistencia do alcalde Francisco Fumega; a delegada territorial da Xunta, Mª Sol Díaz; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez; o director de zona de Abanca, Carlos Díez; os concelleiros de Cultura e Turismo, Diego Fernández e José Manuel Dacal, respectivamente, así como os portavoces, concelleiras e concelleiros da corporación, e representantes das entidades patrocinadoras da festa.

O día central da celebración será o domingo 12 de agosto co multitudinario xantar no parque municipal, e ese día intentarase repetir o fito de afluenza e consumo de polbo do pasado ano, malia que este ano o Concello márcase o reto de mellorar a calidade dos servizos, xa que “non é moi doado que se superen as últimas cifras de preto de 100.000 persoas e arredor de 70.000 kg de polbo”, asegurou o alcalde na presentación, facendo referencia á dedicatoria desta edición da festa ao Centro do Carballiño en Bos Aires como “un xesto de agradecemento cara os emigrantes da comarca carballiñesa na capital da Arxentina”, dixo, agradecendo asemade a colaboración das institucións.

 

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, na presentación da 56 Festa do Pulpo.

Marisol Díaz pola súa parte, asegurou que “a Xunta de Galicia cre nas festas galegas como un xeito de achegar os recursos naturais, culturais e gastronómicos ao turismo, e por iso forma parte da súa estratexia a promoción dos eventos enograstronómicos como o da Festa do Pulpo do Carballiño”. Nese senso, destacou “a tradición dos oficios artesanais das polbeiras e polbeiros como un referente da gastronomía galega” ao tempo que aposta polo turismo de calidade. “O Carballiño soubo traer ao interior a esencia do mar, e por iso o mellor polbo do mundo elabórano as pulpeiras e pulpeiros do Carballiño”, dixo o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, que se referiu a esta festa como “a maior manifestación gastronómica popular de Galicia”.

Os concelleiros Diego Fernández e José Manuel Dacal foron os encargados de desglosar unha parte do programa cultural e festivo elaborado para a primeira quincena de agosto, que consta de máis dunha vintena de actividades e de trinta grupos de animación, música, folclore e outro tipo de eventos. “A 56 Festa do Pulpo terá lugar o domingo 12 de agosto, pero o martes día 8 tamén se celebrará a Tapa do pulpo máis grande do mundo, cuxo reto nesta edición será rebaixar dos 10 minutos o tempo de cortar o polbo para encher o prato xigante”, segundo explicou Manuel Dacal.

A primeira semana estará adicada aos máis pequenos, con obradoiros, xogos, festa da escuma e maxia, e a partires de aí sucederanse as actividades para o público adulto: ruta das tapas, música de rúa, Festival de Habaneras, deporte, xornadas de folclore, a festa das camisetas das peñas, baile, así como o “gran concerto da Festa do Pulpo” con Mikel Erentxun, entre outras.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button