DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A 5ª edición da Milla Urbana da Rúa estivo marcada polas altas temperaturas

Era unha das actividades deportivas das festas de verán e reuniu a preto de 40 deportistas

Cunha diminución considerable na participación (dos máis de cen da anterior edición pasaron aos escasos 35) se desenvolvía, na tarde do 4 de agosto a 5ª edición da Milla Urbana da Rúa. Unha proba atlética incluída no programa deportivo das festas de verán na localidade valdeorresa, organizada polo Club Atletismo Rúa.

As altas temperaturas foron sen dúbida un dos protagonistas da cita que se retrasaba algo máis dunha hora sobre o horario previsto inicialmente. Así, pasadas as oito da tarde comezaban as carreiras cos máis pequenos “chupetines” e pre benxamíns (Gabriela Ferreiros foi 1ª, Penélope López 2ª e Neizan Gonzalez 3º); despois os benxamíns (Gari Rodeiro foi 1º, Adrián Mon 2º e Joaquín Daga 3º); os infantís (Alan Rodeiro foi 1º, Antía Mon 2ª e Xabier Pérez 3º) e por último os ansolutos (todos veteranos).

Entre os participantes, os nenos eran todos da Rúa. O contrario que na categoría adulta na que só había un, José Manuel Daga, que levaba o premio ao mellor atleta local. Tamén había un corredor do Barco, José García “Parra”, outro dos Veteranos Ourense e o resto do Altetismo Ourense. Dous atletas deste club subían ao podio: Alberto Ojea ao primeiro caixón e Alfredo González ao terceiro. O segundo era para o veteranoo Benito Nores. O máis veterano da proba era José Luis Rey do Ourense Atletismo.

As medallas (ata alevín) e os trofeos, eran entregados polo alcalde da Rúa, Luis Fernández e polo concelleiro de Deportes Avelino Fernández.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button