CulturaCulturaÚltima hora

A A.C. A Caniceira de Trives retoma as súas actividades no outono con teatro e música

Ademais esta asociación está preparando a súa xa tradicional "Cea de Samaín" e un obradoiro de cestería

Alumnado da Aula de Teatro da A.C. A Caniceira de Trives./ Foto: A.C. A Caniceira.

 

Comeza o novo curso na Aula de Teatro da Asociación Cultural A Caniceira de Trives con moita ilusión, ganas e novas incorporacións. As clases comezaban o 1 de outubro cuns 25 insritos dun amplo abano de idades, que se reunirán cada martes ás 17:30h. no local desta entidade. Ao mesmo tempo, as Macizas Centrais, que forman o apartado musical da asociación, tamén veñen de retomar os seus ensaios nas tardes dos sábados, despois do descanso do verán.

Ademais para despedir este mes de outubro, na noite do 31 A Caniceira celebrará a súa xa tradicional “Cea de Samaín”, onde “é obrigatorio levar as galas máis tétricas, amosando así o enxeño e a gran imaxinación para facer os máis orixinais e terroríficos disfraces”, destacan dende a asociación.

 

 

O programa outonal desta asociación continuará en novembro. Nese mes a A.C. A Caniceira apostará por “achegar máis as nosas tradicións artesás, desta volta estamos a organizar un Obradoiro de Cestería”. O curso comezará na segunda quincena de novembro, sendo os xoves ás 17:30h. os días marcados para aprender a elaborar cestas de vimios.

As persoas interesadas en asistir a este obradoiro deberán inscribirse previamente mediante correo electrónico (a.caniceira@hotmail.com), por mensaxe privada no Facebook da Caniceira (A Caniceira de Trives) ou por Whatsapp no móbil 636792383.

 

Artigos relacionados

Back to top button