ConcellosÚltima hora

A AA.VV. San Lourenzo de Arcos apoia aos veciños de San Vicente na demanda dunha solución para a estrada de acceso ao pobo

Imaxe do estado da estrada de acceso a San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras). /Foto cedida.

 

Na mañá do 16 de xaneiro os veciños do pobo de San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras) concentrábase diante do Pazo Provincial en Ourense para pedir unha solución para a estrada OU-807 que dá acceso a esta localidade, e unhas horas máis tarde a Asociación de Veciños San Lourenzo de Arcos manifestaba a través dun comunicado o seu total “apoio aos veciños e veciñas  na loita que están a levar contra a Deputación Provincial de Ourense, perante a negativa deste organismo provincial de axilizar a mellora da estrada”, aseguran.

Dende San Lourenzo de Arcos engaden que “é desexo desta asociación veciñal manifestar o total rexeitamento á falta de humanidade e integridade por parte da Deputación ante ademora na mellora da estrada de acceso aocitado pobo, e o noso total apoio a toda a veciñanza de San Vicente, os cales están a sufrir esta inxusta realidade, feito polo ca son simplemente víctimas dun conflicto no que as autoridades provinciais levan botando balóns fóra fai xá máis dunha década”.

 

Artigos relacionados

Back to top button