ConcellosÚltima hora

A AA.VV. San Lourenzo de Arcos denuncia “o abandono dun tramo de beirarrúa da N-120 ao seu paso por A Proba”

Esixe ao propietario da estrada, o Ministerio de Fomento (Delegación de Ourense da Unidade de Estradas), “a limpeza mediante desbroce”

Cansados de “promesas non cumpridas por parte dos dirixentes da Unidade de Estradas de Ourense”, os veciños e veciñas de Arcos de Valdeorras, a través da asociación San Lourenzo, denuncian publicamente “o abandono da beirarrúa da N-120 ao seu paso polas inmediacións do centro comercial da Proba, no concello do  Barco de Valdeorras”.

“Non lles importa nin o máis mínimo a seguridade das persoas que veñen a percorrer todos os días a beirarúa da antiga nacional ao seu paso pola Proba”, aseguran dende a Asociación de Veciños que manifesta ao Ministerio de Fomento a “obrigatoriedade que ten cos veciños desta terra chamada Valdeorras da limpeza deste tramo de beirarrúa, cen metros de estrada que están obrigados a manter en condicións óptimas de conservación, redundando desta volta nunha diminución da siniestralidade de peóns, favorecendo a seguridade na circulación de vehículos”, din.

 

Imaxe da vexetación que cubre parte da beirarrúa.Val

 

Dende a asociación tamén denuncian “a parálise da veciñanza do Barco de Valdeorras, xa que son moitas as persoas dese concello que camiñan a diario pola zona, unah situación que tamén foi posta en coñecemento do alcalde, a quen, malia non ter competencia directa na estrada, rogámoslle que fixese xestions perante o Ministerio para baldear dita estrada”.

Así pois, dende o colectivo veciñal “esixen” ao Ministerio de Fomento (propietario da estrada) “que execute o traballo que ten encomendado e arranxe o tramo de beirarrúa que transita dende o límite do concello de Vilamartín, dirección ao Barco de Valdeorras, para que a veciñanza que poida camiñar por este tramo no sufra ningunha anormalidade en forma de atropelo ao ter que transitar nalgún momento pola estrada, con motivo da presenza de vexetación por riba da beirarrúa”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button