SanidadeÚltima hora

A abordaxe do aneurisma de aorta no CHUO

No 2013 o 92% do total de intervencións por esta patoloxía neste hospital realizáronse pola vía endovascular, que é minimamente invasiva
Gráfico explicativo do aneurisma. Fonte: Sergas.
Gráfico explicativo do aneurisma. Fonte: Sergas.

Entre 2.000 e 4.000 ourensáns poderían padecer aneurisma de aorta, unha grave patoloxía de elevado risco, máis frecuente entre homes de máis de 65 anos. Trátase dunha dilatación que se produce na aorta e que debilita a parede arterial, co conseguinte risco de rotura e grave hemorraxia, cun índice de mortalidade entorno ao 90% dos casos. Na actualidade é a décima causa de morte en homes maiores de 55 años.

Na provincia o Servizo de Cirurxía Vascular do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) vén empregando nos últimos anos novidosas técnicas de abordaxe endovascular, plenamente implantadas e maioritariamente empregadas desde 2009, momento no que comenza a decrecer a abordaxe desta patoloxía por cirurxía aberta. Así, só o pasado ano 2013, o 92% do total de intervencións realizadas xa se resolveron por esta vía, que é minimamente invasiva, evitando as complicacións dunha cirurxía aberta.

Mediante a abordaxe endovascular “o paciente pode ser operado con anestesia local e, desde unha incisión no muslo, trasládase desde a arteria femoral un pequeno implante ou endoprótese, consistente nunha malla ou estrutura que se adapta ao interior do vaso afectado, reducindo a dilatación e fortalecendo a arteria, sen necesidade de abrir o abdome, e evitando os riscos asociados á cirurxía tradicional en aberto con anestesia xeral”, segundo se informa dende o Sergas.

Artigos relacionados

Back to top button