ConcellosÚltima hora

A AC RíoMola aposta por batir récord de asistencia no seu Magosto, o 24 en San Xoán de Río

Unha andaina pola ruta da Fraga, un concurso de sobremesas, o magosto propiamente dito e as actuacións musicais de Ari e Velusa serán as principais actividades desta celebración

 

Magosto do pasado ano en Río./ Foto cedida pola AC RíoMola.

Será o terceiro Magosto que se celebre en San Xoán de Río, algo novidoso neste municipio. E virá da man da Asociación Cultural RíoMola e contando desta volta coa subvención da Deputación de Ourense. Será por tanto o 1º
Magosto RíoMola, “intentando batir récord de asistencia cun potente programa de actividades”, adiantan dende esta entidade. Está previsto para o vindeiro 24 de novembro cunha chea de actos.

A primeira das propostas é unha andaina de 8 quilómetros, que comezará  ás dez da mañá con saída dende a praza de Pedro Fernández. Percorrerá parte da famosa ruta da Fraga (a primeira paisaxe protexida de Galicia, o val do Navea). “Durante o percorrido poderanse observar numerosos soutos que son o motor económico de moitos habitantes do concello que ven na venta e transformación da castaña unha fonte de ingresos. O roteiro tamén pasará por Alenza, San Miguel, Domecelle e A Veiga antes do seu regreso a praza de Pedro Fernández”, aseguran os seus promotores.

Outra das actividades será un concurso de postres. “Todos os participantes deberán entregar as súas creacións entre as 12:00 e as 13:00 no polideportivo de San Xoán de Río. As 13h. un xurado, dirixido por Anxo Fernández, do restaurante “La Viuda” de Trives, elexirá as 3 mellores propostas que serán premiadas cunha cea para 2 persoas cada unha en restaurantes da comarca. Ás 14h. comezará o Magosto no polideportivo da localidade onde a AC RíoMola repartirá entre os asistentes empanada, castañas, chourizos, panceta, bica, viño e licor café”, explican dende a organización.

Xa na sobremesa, arredor das 16h. chegará o prato forte deste 1º Magosto RíoMola con 2 actuacións musicais de gran nivel. Por unha banda, Ari, a “xoia e máxima promesa musical de San Xoán de Río, deslumbrará aos asistentes coa súa voz e destreza musical. Pola outra, Velusa, tras pasar un venres máis con Gayoso no Luar, onde representa a Portugal Norte, chegará o sábado a Río para demostrar porque é a favorita desta edición de Recanteiros”, destacan dende a asociación. A organización instalará 2 potentes canóns de calor no polideportivo de San Xoán de Río para que a temperatura sexa óptima para os asistentes e naide pase frío.

 

Cartel do 1º Magosto RíoMola.

 

 

 

 

Tres Magostos

Este á a primeira vez que se celebran tres Magostos en San Xoán de Río. O primeiro tiña lugar o sábado 3 da man dos veciños de Cerdeira debutaban con éxito organizando un magosto na súa parroquia onde acudiron mais de 100 persoas. Unha semana despóis o Concello de San Xoán de Río organizou o seu Magosto chegando a 150 participantes. Agora terá lugar o da AC Cultural RíoMola.

 

Artigos relacionados

Back to top button