ConcellosÚltima hora

A AC RíoMola solicitará a instalación dun caixeiro automático en San Xoán de Río

Esta asociación cultural acordaba en asemblea plantexar a demanda deste servizo para evitar que os veciños deste municipio teñan que desprazarse a outros próximos
Imaxe do logo da Asociación Cultural RíoMola./ Foto: AC RíoMola.

 

A Asociación Cultural RíoMola vai solicitar á Abanca a instalación dun caixeiro automático en San Xoán de Río. “En San Xoán de Río só existe unha sucursal de Abanca que só abre os martes e en Chandrexa de Queixa xa non queda nada. Actualmente nas Terras de Trives, soamente Manzaneda e Trives contan con caixeiros automáticos. Pensamos que os habitantes de San Xoán de Río teñen dereito a poder sacar cartos sen desprazarse a Trives ou Castro Caldelas”, explican dende esta entidade.

A decisión de plantexarlle esta demanda á entidade bancaria de Río tomábase nunha asemblea que RíoMola celebraba o 6 de decembro “Nas últimas semanas, múltiples turistas e xente que acudiu ás actividades que organizamos tiveron que realizar 30 kms para sacar cartos, xa que hoxe en día a xente da cidade está acostumada a levar poucos cartos en metálico e pagar con tarxeta, algo que no rural debido ás malas conexións e coberturas é difícil de implantar”, destacan dende AC RíoMola.

Artigos relacionados

Back to top button