CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

A academia de danza Bayadère pecha o curso cun animado e divertido festival no Barco

As alumnas dos diferentes niveis actuaron no Teatro Lauro Olmo diante dun numeroso público

Nun castelo medieval gobernado polo rei e pola raíña; entre princesas, fadas, bufóns, campesiñas e maiordomos, se desenvolvía o festival de fin de curso da academia de danza Bayadère.

Diante do numeroso público que enchía o Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, con coidadas coreografías e impecable vestiario, as alumnas amosaban na tarde do 25 de xuño toda a súa arte. Dende as máis pequeniñas de iniciación á danza e pre-danza, ata as que compiten en baile moderno, pasando polos diferentes niveis tanto de baile cásico como moderno, todas tiveron o seu momento, arrrancando sonoros aplausos e vítores.

O broche de ouro á actuación, poñíao o grupo de baile moderno de competición que presentaba no Barco, o musical Bayaderlandia co que participaron no concurso Vigo Porté celebrado a comezos de maio. Unha divertida loita entre as protagonistas dos clásicos de Disney (Cenicienta, La bella durmiente, La bella y la bestia, La Sirenita,…) e as súas versións máis modernas, acompañadas pola propia profesora no papel da malvada Úrsula.

Quen queira ver o espectáculo ao completo e non pudera asistir nesta primeira sesión, terá unha nova oportunidade esta tarde, á mesma hora e no mesmo lugar (20:30h. no TLO), cun segundo pase.

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button