CulturaCulturaÚltima hora

A Acrópole de Monterrei acollerá a presentación do libro “De las sogas de la felicidad, el amor, por ejemplo: para no vencernos nunca”

Terá lugar o vindeiro venres, 7 de agosto, a partires das 20:00 horas

Detalle da fachada do Hospital da Trinidade da Acrópole de Monterrei./ Foto: A.R.

 

O Hospital da Trinidade na Acrópole de Monterrei acollerá o vindeiro venres, 7 de agosto, a presentación do libro “De las sogas de la felicidad, el amor, por ejemplo: para no vencernos nunca”. O coordinador da obra, Antonino Nieto, e varios dos autores e artistas estarán presentes no acto dende as 20:00 horas.

Espérase a presencia de autores como Sergio García Dacosta, Paco López Barxas, Isabel Pintado, Clara Martín, Manolo Menor, Jaime Noguerol, Alba Fernández, Chema Paz Gago, Plácido Romero Bernardo, Yanet Ruíz, Sela Salgado, Yelena Molina, Miguel Angel Prieto Sotelo, Carolina González Blanco, Iñaki carmona y Alfredo Conde.

 

Cartel da actividade.

 

A ambientación musical correrá a cargo do cantautor Antonio Luz e a asistencia controlarase, segundo a organización, “mantendo as medidas sanitarias de mantemento de distancia interpersoal, emprego de mascarilla e aforo limitado”. 

Para iso será preciso a confirmación de asistencia na oficina de turismo de Monterrei, tendo como número de contacto o 988 361 360.

Artigos relacionados

Back to top button