CulturaCulturaÚltima hora

A Acrópole de Monterrei será o escenario dun concurso de pintura o 19 de setembro

O prazo de inscrición está aberto ata o día 6 de setembro

O Concello de Monterrei acollerá, o vindeiro 19 de setembro, a terceira edición do “Concurso Internacional de Pintura ao Aire Libre de Monterrei”. A actividade terá lugar no entorno da acrópole e está organizada polo goberno municipal con aopoio da Deputación de Ourense e da Denominación de Orixe Monterrei.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 6 de setembro e os interesados poden anotarse na oficina de turismo. Posteriormente terá lugar unha selección de participantes de cara á celebración do concurso. Para máis información recoméndase contactar coa propia oficina de turismo mediante o número de teléfono: 988 36 13 60.

 

Cartel da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button