OurenseÚltima hora

A actriz Cristina Castaño recibirá o Premio OUFF-TELEVISIÓN

É a primeira vez que se concede este galardón

A actriz Cristina Castaño.

 

A actriz Cristina Castaño recibirá o Premio OUFF-TELEVISIÓN 2019. É a primeira vez que se concede este galardón é será entregado na 29 edición do Ourense Film Festival, que se celebra entre o 27 de setembro e o 5 de outubro.

Cristina Castaño, natural de Vilalba, estudou Xornalismo en Madrid, e comezou a súa bagaxe como actriz interpretando o papel de Paula, na famosa serie da TVG, “Pratos combinados”. Así, saltou á escena nacional en “Al salir de clase”.

Así, consolidouse na pequena pantalla con ficcións como “El comisario”, “Herederos”, “El final del camino”, “Cuerpo de élite” ou “La que se avecina”, nesta última estivo traballando máis de tres anos.

No cinema, destacan os seus papeis en “Días azules”, “Nacida para ganar”, “Bajo el mismo techo”, “Angry Birds: la película”, “Sin rodeos” ou “Lo dejo cuando quiera”.

Pola súa banda, foi recoñecida como mellor actriz revelación nos Premios do Teatro Musical, polo seu papel no musical “Cabaret”. Ademais, tamén participou no programa humorístico “El club de la comedia”.

“Con este premio, que se concede por primeira vez no Ourense Film Festival, OUFF 2019, a organización aposta fortemente por consolidar a sección xa iniciada na edición anterior, ao considerar o pulo que a ficción televisiva está a tomar nos últimos anos, co engadido de incorporar recursos e estruturas narrativas tomadas do cine, ademais da propia dinamización do sector. Talento, creatividade e industria, están a camiñar da man no obxectivo común de producir imaxes de calidade, nunha dinámica a que se está a incorporar ao audiovisual galego cun elevado nivel competitivo”, explicaban dende a organización.

Artigos relacionados

Back to top button