CulturaCulturaÚltima hora

A actriz Mabel Rivera será a homenaxeada no IV Festival Internacional de Curtas Vía XIV de Verín

Os asistentes á vindeira edición do FIC, que se celebrará do 30 de novembro ao 8 de decembro, poderán desfrutar dunha selección de curtas nos que a actriz gañadora dun Goya ten participado

Mabel Rivera cun premio da Cultura Galega 2017.

 

A actriz Mabel Rivera toma o relevo de Antonio Durán “Morris” e será homenaxeada na vindeira edición do FIC Vía XIV de Verín que se celebrará do 30 de novembro ao 8 de decembro. Así, en torno á figura desta actriz de orixe ferrolá articularase “unha actividade na axenda paralela do festival que incluirá unha charla coa actriz e a proxección dunha selección de curtametraxes nas que ten participado ao longo da súa fecunda carreira”, segundo sinala o director do certame Carlos Montero.

Mabel Rivera posúe unha dilatada traxectoria artística no eido da actuación e dende os anos 70 ten participado en multitude de proxectos teatrais, televisivos e de cinema. Gañadora dun Premio Goya por Mar Adentro no ano 2005, Rivera é un rostro ben coñecido para os telespectadores galegos pola súa participación na célebre serie Pratos Combinados, que estivo en antena durante oito anos na Televisión de Galicia, ou xa máis recentemente Pazo de Familia, ademais de en numerosos filmes a nivel nacional.

Artigos relacionados

Back to top button