ConcellosÚltima hora

A adega Don Bernardino inaugurará a XXXIX Feira do Viño de Amandi en Sober

Uns 25 adegueiros participaban na primeira das xuntanzas preparatorias desta mostra, prevista para os días 13 e 14 de abril

Un dos momentos da pasada edición da Feira do Viño de Amandi en Sober (Lugo).

O Concello de Sober xa está mergullado nos preparativos da XXXIX Feira do Viño de Amandi, que se celebrará en Sober os días 13 e 14 de abril. Na tarde do 18 de xaneiro tiña lugar a primeira reunión cos 25 adegueiros preinscritos no certame.

No encontro avanzáronse algúns detalles da próxima edición da feira, que será presentada oficialmente xunto coas actividades do ‘Mes do Amandi’ o día 16 de marzo no miradoiro de SoutoChao, en Doade. Esta programación contará con catas comentadas, xornadas de maridaxe, en colaboración coa Escola de Hostalería de Rosende, actividades musicais, xornadas técnicas coorganizadas coa EVEGA, entre outras propostas.

Ademais, tras a xuntanza, tamén se facía público que a adega Don Bernardino será a encargada de inaugurar a mostra vitivinícola en recoñecemento e lembranza do seu fundador e pioneiro da Feira do Viño de Amandi e da D.O. Ribeira Sacra, Bernardino Rodríguez de Santa Cruz de Brosmos, falecido aos 89 anos o pasado mes de novembro. E este ano o certame terá como convidado de honra ao Concello do Saviñao.

Presenza na mostra Xantar

A primeira actividade promocional da feira será o stand que o Concello de Sober terá na mostra gastronómica e turística Xantar, en Expourense, do 6 ao 10 de febreiro. Entre os actos previstos haberá unha degustación de viños de Amandi o domingo 10 de febreiro.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close